Como en África

PONTEVEDRA

NA ÚLTIMA | O |

16 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

EN ÁFRICA, donde as fronteiras foron debuxadas con tiraliñas, moitos dos desprazamentos, incluso os máis longos e arriscados, contnúanse facendo a pé. Non é raro atopar a señores que levan meses andando para ir visitar a uns parentes. Os lazos familiares son moitas veces complicadísimos, cunhas escalas que sitúan aos primos nun vínculo máis próximo que o que une a maridos e mulleres. Por iso non é raro que a xente do campo acuda a visitar a parentes que viven a moitos kilómetros de distancia, na relativa comodidae económica que proporciona a cidade. Cando eses desprazamentos se fan andando, a principal vía de comunicación é o camiño, non a estrada pola que transitan os coches e os camións. Esa rede de sendeiros, comidos pola vexetación, entran e saen das fronteiras administrativas que non lograron separar os vencellos familiares. É un comportamento que observou durante moitos o xornalista polaco Ryszard Kapuscinski. Como corresponsal estivo viaxando por todo o continente atopándose moitas veces con persoas que levaban meses camiñando por eses fronteiras difusas. Por aquí, donde os lindes espertan agora paixóns un pouco esaxeradas, conviña por en práctica o costume africano de viaxar andando dun lado para outro. Así, os que desde Galicia e Asturias se tiran pedradas a golpe de votacións nos parlamentos e declaracións nos xornais poderían constatar que moitas veces a boca fala sen permiso da cabeza. Como sempre, a sensatez ven dos directamente afectados. En Ribadeo e Vegadeo, as localidades que comparten fermosas vistas sobre o comezo do Cantábrico, os rifirrafe político sónalles a ciencia ficción. Entre Castela León e Ourense, donde tamén andan en disputa algúns pobos, o que de verdade lles preocupa é como poden facer para ir a un médico que lles atenda antes. Vaia, cuestións menores cando se trata de debuxar fronteiras.