NA ÚLTIMA | O |

14 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

XA SE ten contado aquí nalgunha ocasión que as cousas pequenas soen ter maior encanto que as grandes, moitas veces demasiado evidentes e pouco sutís. Agora que a proposta de vivir en pisos de entre 25 e 35 metros cadrados molesta e chega a indignar, convén rescatar outra vez o encanto do reducido. Ás veces as grandes ilusións veñen desencadeadas por detalles diminutos: unha palabra, unha caricia, un bico. En cambio, as grandes indiganacións, os argumentos rimbombantes, teñen forza para eclipsalas, polo menos baixo todo o ruido que fan. Son características do discurso que estes días empregan os máis enfadados co proxecto para que os mozos podan alugar pisos modestos a precios razoables. É curioso que sexan xeralmente os que non son potenciais beneficiarios, a xeración que contempla con certa tranquilidade a vida xa desde os cincuenta. Pasan por alto unha circunstancia: non é obligatorio vivir neles. No lado contrario están miles de rapaces que viven nas casas dos pais, comparten pisos ou pagan alugueres e hipotecas tan grandes que cada céntimo que deben contribúe a unha montaña de indignidade colectiva. A que permite que pase e se esforza en machacar calquera alternantiva, por pequena que sexa.