NA ÚLTIMA | O |
03 mar 2005 . Actualizado a las 06:00 h.A CURIOSIDADE que fai que sexa un bo fotógrafo lévao a aparecer pola redacción con propostas de todo tipo, algunhas certamente disparatadas, que traslada despois ao seu tempo libre cando non teñen cabida no ámbito laboral. Non é raro que apareza con imaxes, protagonizadas por el mesmo, en cumbres nevadas, descensos por augas turbulentas, ascensos imposibles en bicicleta de montaña, subido nunha dorna de vela, debaixo dunha palmera na costa pacífica de México, perdido no metro de Londres ou perfectamente orientado no deserto de Túnez. Dende hai uns meses, as revistas de viaxes coas que merodeaba polo periódico foron deixando paso a libros, artículos en Internet e publicacións con todos os trucos sobre a paternidade. Ramón é capaz de sorprenderse cos asuntos máis cotiás, pero din os que estiveron con el cando naceu Lúa que o temple non o abandonou nin un momento, que ten todos os primeiros segundos da vida da súa filla capturados para sempre a través do obxectivo da súa cámara, e que xa non pensa en destinos lonxanos. Non é raro, vendo as cariñas que teñen os tres aquí ao lado. Cando entenda o que vexa, a súa filla percibirá que Vanessa e Ramón son deses pais que viven con paixón cada segundo da vida. Esa á que agora acaban de invitar a Lúa.