NA ÚLTIMA | O |

25 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

AGORA QUE os portugueses andan a bombazos coas nubes para que chova e en Galicia non caen tantas gotas como é habitual, un entendido na materia, por ter vivido moitos anos, secos e mollados, despreciou o método luso por ineficaz, e espantou o medo galego á sequía cun argumento aplastante. Asegura que a fame en Galicia sempre chegou coa chuvia, e nunca por falta dela. O exceso de auga pudre as colleitas e mesmo chegou a afogar ao gando, recordou o experto. Despois de escoitar as súas palabras, o auditorio, que asistía con atención á disertación, pareceu respirar tranquilo. Sexa dunha maneira ou doutra, o certo é que o inverno está sendo bonito, agradable e mesmo pode que moi saludable. Resulta que, segundo se ten comprobado, pasar frío e fame é decisivo á hora de cumplir anos. As dúas cousas están intimamente ligadas coa lonxevidade, segundo explican os médicos. Claro que para isto hai teorías para todos os gustos. Un dos homes máis vellos de Europa, localizado hai uns anos en Turquía en perfecto estado de saúde, pese a ter xa máis de cento catorce anos, confesou que o seu segredo consistía en beber cada día medio litro dun licor que el mesmo facía. Non dixo se ademáis pasara fame e frío. Seguro que sede, non.