Linguas minoritarias

PONTEVEDRA

DENDE A VENTÁ | O |

07 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

LIN con sorpresa a noticia de que a UE considere o galego coma unha lingua en perigo. E aínda lin con maior sorpresa que unha lingua desapareza cada dúas semanas no mundo. Volanto ao noso caso, é certo que de cando en vez un escoita dicir que o galego está perdendo terreo entre a xente moza. Quizais sexa certo. Pero me resisto a crer que a lingua de Rosalía de Castro e Castelao pase a formar parte en pouco tempo dun imaxinario libro negro que se puidera titular Lista de linguas falecidas. Eu creo que o galego non está nin tan ben como nos auguran desde a Xunta, nin tan mal como nolo presentan outros sectores. A cousa, ás veces, é máis complexa que esas distincións, e o estado de saúde da nosa lingua varía depende do prisma no que se mire. Eu pertenzo a una comarca onde o galego e o castelán conviven desde hai moito tempo, coma é O Morrazo. Escoito as dúas linguas á vez sen problemas. ¿Está desaparecendo o galego? Quizais, o galego dos puristas, ou o dos lusistas, pero é que ese galego nunca foi falado en Marín, nin en Bueu. Sobre ese galego son pesimista, pero sobre o outro, o de toda a vida, non teño ninguha dúbida da súa capacidad de supervivenza.