NA ÚLTIMA | O |
16 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.SUCEDE ás veces que ven un día e cae un regalo do ceo. Pasou antes de onte a millóns de kilómetros de distancia, donde hai un planeta que antes non estaba. Agora andan discutindo quenes entenden dos astros sobre se Sedna, que é como o bautizaron, é realmente un planeta ou se só se trata dun corpo estelar de menor importancia. Como sempre, o desenlace da desputa depende de quen poña as regras, pois segundo as estipulen uns ou outros o planeta deixa de selo. É o que lle pasa as certezas, que nunca o son de todo. Nin sequera cando hai moita xente dacordo en decir o mesmo. Por iso, despois de máis de setenta anos aínda non hai consenso nin sequera sobre se Plutón pode considerarse como outro planeta do sistema solar. Outra cousa é como cada un quera tomar os acontecementos extraordinarios que se suceden cada día. Hai quen os incorpora como propios para saborealos, e outros que prefiren darlles a volta e retorcelos ata que se adapten a vida á medida que foron construindo a base das certezas que acaban por matar a imaxinación. Un novo planeta parece un regalo demasiado bo como para desprecialo nada máis comezar a semana.