Os cregos asisten a clases de reciclaxe no mosteiro de Poio

La Voz R.??B. | POIO

PONTEVEDRA

XOÁN CARLOS GIL

O cronómetro | Semana da formación dos sacerdotes de Galicia Máis de setenta relixiosos renovan os seus coñecementos sobre a relevancia da eucaristía na comunidade católica de man do catedrático Dionisio Borobio

09 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Os dous relatorios que deron inicio á Semana da Formación Permanente dos Cregos de Galicia estiveron centrados no misterio da eucaristía e a súa importancia na vida cristiá. O ponente foi Dionisio Borobio, catedrático da Universidad de Salamanca. Borobio volverá ser hoxe o relator deste curso de reciclaxe que se está a celebrar no mosteiro de Poio. A súa intervención tratará de novo o tema da eucaristía. O título da súa alocución é Eclesialidade da eucaristía. Ministerios litúrxicos. O curso finalizará mañá coas intervencións do profesor Santiago Agrelo. Encontro de cofrades Por outra parte, o mosteiro de Poio albergará desde o próximo 18 de setembro o primeiro Encuentro Nacional de Jóvenes Cofrades de España. Os mozos estarán catro días hospedados no mosteiro poiense ó tempo que realizan diversas actividades para coñecerse. A súa estadía en Pontevedra estará salpicada de ponencias como El joven cofrade en la Iglesia o El cofrade en la vida diaria de su hermandad, una experiencia compartida. Ademais, algúns deles exporán o modo no que a Semana Santa se celebra nas súas respectivas localidades. Os novos cofrades visitarán tamén Pontevedra e Santiago. O seu encontro servirá de ensaio ó que os maiores realizarán en Vigo a partir do 25 de setembro.