DESDE A VENTÁ | O |
13 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.ESPAÑA está nun posto moi alto no ránking de países onde se vive mellor no mundo. ¡Quen o diría vendo as moitas desigualdades existentes na nosa sociedad! Pero cando un olla para o que ocurre noutros países as cousas parece que cadran mellor con esa posición envidiable do vello lema de Spain is different. E para maior sorpresa, no último estudio publicado este mes do Instituto Nacional de Estadística, o número de europeos comunitarios -ingleses e alemáns- non cesa de crecer, e tamén se contan por milleiros. A nosa comarca debe de estar empezando a entrar tamén nesta posición de privilexio en Europa e España. Temos xa unha grande población de estranxeiros do Terceiro Mundo, que buscan aquí unha vida mellor para as súas familias. Algo lexítimo. Nós o fixemos en Sudamérica. Pero tamén haiche un número, certamente menor, de xente desa Europa de primeira fila que se pasa tempo aquí. Agora ben, queda un reto pendente por parte da sociedade, pero nun papel que deben guiar as administración con respostas satisfactorias e non só con palabras. ¿Como integramos a todos? Este é o momento de actuar.