Visitantes ilustres

PONTEVEDRA

DENDE A VENTÁ | O |

02 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

AGOSTO é sinónimo de vacacións para millóns de españois e tamén para os nosos políticos e persoeiros famosos. É un mes extraordinario para comprobar a capacidade de atracción das diferentes vilas e comarcas da nosa xeografía. Nalgúns ránkings establécese a equivalencia de que cantas máis figuras públicas nunha vila, maior o seu interese turístico. Ese baremo precisa dalgunhas matizacións. Hai que incluir tamén o que busca cada un deles. Se a percura é a da calidade de vida, a beleza do entorno e o bo estar das súas xentes, non cabe dúbida de que os municipios da ría de Pontevedra lévanse unha puntuación moi alta nestas táboas de popularidade. Sanxenxo conta coa presencia constante de famosos. E en Bueu disfruta do verán o mismísimo Míster PESC da UE. ¡Non haberá sitios para comparar coas nosas costas! Pero sen dúbida, algo temos nesta ría para que sempre repitan ano tras ano. Iso hai que sabelo conservar.