NA ÚLTIMA | O |
09 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.QUEDA moito por aprender acerca dos mecanismos polos cales aprende a xente. A repetición dos enunciados que se pretenden memorizar parece un dos métodos efectivos. Apréndese por repetición a táboa de multiplicar, as oracións para pronunciar na igrexa, as cancións de moda, e ata a falar. Sen embargo, son outras maniobras máis sutís de meter cousas na cabeza das persoas as que levantan as suspicacias de quenes temen un lavado progresivo de cerebro sen que o interesado se percate da operación. As mensaxes subliminais e a inducción a pensamentos non desexados polo individuo que estas podan ocasionar son quizais as máis temidas. Sen dúbida, a lenda contribuiu a magnificar a efectividade das mensaxes subliminais, e a que medraran como as setas os supostos expertos en técnicas deste tipo. Moitos deles estarán a facer o seu agosto co despregue publicitario destes días. As caras penduradas en cada esquina das cidades entran polos ollos queira un ou non. Sen embargo, un deses expertos debeu pensar en que sería beneficioso que o sonido das propostas tamén o fixera. Incluso ás horas de durmir.