Alonso Montero reclama a aparición dos intelectuais de «sólida formación e palabra eficaz» O profesor considera que queda espacio para repensar o socialismo como alternativa
21 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.¿Socialismo ou barbarie? Esa é unha pregunta con unha resposta obvia. Adolfo Sánchez Vázquez, un dos intelectuais máis importantes dos que padeceu o exilio considera que hai unha vía para o socialismo e que esta significa un compromiso do intelectual coa realidade, lonxe de calquera hipoteca ou servidume co poder. Sánchez Vázquez foi o primeiro dos poñentes da Semana Galega de Filosofía sinalando que as grandes preguntas do compromiso seguen de actualidade: imperio-autodeterminaicón; paz ou guerra; socialismo ou barbarie. Adolfo Sánchez, de 88 anos, considera que a máxima que defende que o primeiro compromiso do intelectual é coa súa propia obra é obvia e debe ter a resposta que se puña na cartilla militar no apartado de valor: se le supone. Vázquez considera que o compromiso dos intelectuais non debe ser só en relación cos seus cometidos, senón que debe estar relacionado coa súa actitude vital de cidadán. Na sesión da tarde, Xesús Alonso Montero, sinalou a necesidade de que os intelectuais volvan a tomar protagonismo, «cómpre que volvan os intelectuais de sólida formación, palabra eficaz coa coraxe suficiente para dicir que no capitalismo non hai solucións a moitos problemas».