Chegaron os listos

MARTIÑO SUÁREZ

PONTEVEDRA

¡ARRE HO! | O |

07 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

CHEGARON OS listos e puxeron un par de bombas caseiras nas sés do PP de Pontevedra e de Moraña. «¿Como pode ser -pensaron unha mañá os listos- que a xente normal, corrente, vulgar, se organice, saia á rúa, proteste, e, o que é máis preo­cupante, teña opinión propia sen contar connosco, co noso consello e co noso apostolado? ¡Insolidarios! ¿De que imos vivir nós se nos quitan o traballo que nos é propio?». E foron e colocaron as bombas, de noite e nos portais das oficinas, conseguindo xusto o que se propuñan: desviar a atención do que interesa, da guerra de Irak e do chapapote, facerlle o xogo ós que critican -no fondo necesítanos tanto...- e poñer os focos sobre si mesmos. Porque se algo teñen os listos, os dun lado e os do outro, é un enorme ego, unha capacidade tan grande para quedarse absortos contemplándose a si mesmos que ¿para que levantar a cabeza e mirar arredor?