DIARIO DE AURIA | O |
21 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.NON é real. Debe ser un relato de ficción, unha biografía gótica dun lugar que non existe e, sen embargo, respira, latexa, corre, retrocede a pasos de dor e melancolía. Esta provincia non pode caber na nómina da razón. Auria existe porque debe existir o esperpento. Iso somos: unha representación deformada da realidade. Demite o director do hospital de Verín por motivos persoais. Evidentemente, todos os motivos son persoais, sempre. Tal vez non demitiría se non saíse á luz pública o asunto das cámaras ocultas (¡Esperpento!). Tal vez non vendería a administración autonómica o hospital de Verín como modelo de xestión, paradigma da nova sanidade, arquetipo, exemplo a seguir. Á Fundación de Verín sálvaa o seu persoal, médicos, enfermeiros, auxiliares, administrativos... O factor humano. Un factor que pretenden reducir á Nada con cámaras (¡ocultas!) e presións clientelares. Isto non pode ser certo. Algo tan esperpéntico non pode suceder nun país civilizado. Pero sucede. Y aquí no pasa nada. Todos tan frescos. Y dimite sólo el director. Y nadie pide perdón. Democracia, igualdad, justicia... Tonterías. Aquí, lo que triunfa, es el esperpento.