Presentación de mostra e libro da Fundación Risco

La Voz

ALLARIZ

Na sede da entidade ábrese unha mostra permanente sobre «O porco de pé»

29 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 12.30 e 21.00 horas • Fundación Risco e A Fábrica de Vilanova • De balde e 35 euros (inclúe libro, cea e concerto) • A fundación de Allariz ten dúas citas programadas para esta xornada. Pola mañá procederase a inaugurar a nova exposición permanente da entidade. A mostra «O porco de pé» é un proxecto desenvolvido polo artista alaricano Xabier Varela tomando como base o texto do libro de Vicente Risco.

 

Pola noite, no restaurante A Fábrica de Vilanova, presentarase a obra «O Santo Graal Galego», orixinal de Luís Rodríguez Rivera galardonado co terceiro Premio Antón Risco de Literatura Fantástica. A entrada á velada literaria (35 euros) inclúe a cea, un exemplar da obra e o concerto de gaita antiga de Paulo Gonçálves e Ánxela Vidal.