O peliqueiro de Laza celebrou a súa estrea

La Voz OURENSE

OURENSE

A vila convidou a tomar a bica branca na praza da Picota, unha das moitas tradicións que conserva este entroido rural

15 feb 2026 . Actualizado a las 19:09 h.

Os peliqueiros, os señores do entroido de Laza, tiveron hoxe domingo a súa estrea. Ben cedo sairon a saúdar aos veciños polas casas e correron a praza da Picota para arriba e para abaixo. O son das chocos anunciou o seu paso ancestral. Centos de persoas acudiron á vila lazana para velos e para participar dos rituais deste entroido rural cada vez máis coñecido. Os peliqueiros fixeron filas diante da igrexa para esperar os feligreses. A festa tornouse máis popular co reparto da súa bica branca na praza da Picota a cargo de mozas vestidas co traxe tradicional galego. Pola tarde, continúa o entroido en Laza con carrozas enxebres e con degustacións dos licores da terra.