Ourense: Comeza a funcionar en Cenlle o «coworking» do Ribeiro
Un total de 19 proxectos están vencellados ao mesmo
La Voz de Galicia
ourense / la voz
Un total de 39 novos proxectos empresarias comezan a recibir a súa formación e asesoramento nunha nova edición dos coworking de Celanova-A Limia e O Ribeiro. No caso desta última comarca é a primeira vez que se pon en marcha esta iniciativa e a mesma está ubicada en Cenlle. No primeiro caso participan 21 emprendedores e inclúense diferentes sectores produtivos. O do Ribeiro está centrado na agroalimentación, o turismo rural e a economía circular e acolle na súa primeira edición a 21 emprendedores -12 mulleres e 9 homes- para desenvolver iniciativas de fabricación e envasado de aceite de oliva ecolóxico e vinagre artesán, exportación de produtos ecolóxicos, granxas, cosmética, moda creativa, e servizos culturais, entre outros.
También en La Voz
Darias avanza que la vacuna de Janssen llegará a España el martes
La Voz de Galicia
Comentarios