A proxección de «La Strada», de Fellini, abre o programa dunha tempada na que o Padre Feijoo cumprirá 50 anos
OURENSE
Manuel Precedo foi elexido polos socios para seguir presidindo a entidade
17 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.O Cineclub Padre Feijoo vivirá un 2020 para a lembranza. Neste ano a entidade cumprirá os seu medio século de historia e haberá unha programación especial para celebralo.
E mentres chega, o Padre Feijoo xa ten pechadas as sesións que se ofrecerán na antiga Biblioteca nas próximas semanas. O cineclub comezará as proxeccións nunha data simbólica e cunha chiscadela cómplice á mesma: o día 20, luns, cúmprense os 100 anos do nacemento de Federico Fellini e no Padre Feijoo proxectarase «La Strada», a mítica cinta do director italiano. As sesións de filmoteca, as do luns, completaranse coa proxección de «La felicidad de los perros» (27 de xaneiro), «Longa noite» (3 de febreiro), «Eroski paraíso» (día 10) e «A plataforma» (17). As sesións dos mércores ofrecerán «Os miserables» (22 de xaneiro), «Deus existe, chámase Petrunia» (29), «Un amor imposible» (5 de febreiro), «O mozo Ahmed» (12) e «Araña» (19 de febreiro).
Continuidade na directiva
O Cineclub Padre Feijoo celebrou o luns asemblea. Aprobáronse as actvidades do 2020, entre elas os actos do 50 aniversario, e elexiuse nova directiva. Manuel Precedo repite na presidencia.