Vodas, bautizos e comuñóns en Expourense

La Voz

OURENSE

SANTI M. AMIL

Celebra ofrece aos visitantes todo o que necesitan para á organización das súas celebracións

24 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • De 11.00 a 14.30 e de 16.00 a 20.30 horas • Expourense • O recinto feiral de Ourense acolle Celebra, unha iniciativa que tamén está de celebración: vinte anos leva o Salón de Vodas, Bautizos, Comuñóns e Actos Sociais aconsellando e poñendo a disposición dos visitantes da feira todo o necesario para organizar as súas celebracións. As instalacións de Expourense reúnen a corenta expositores, o 85 % dos cales proceden da provincia de Ourense, que presentan unha ampla oferta de produtos e servizos para que as familias que están a organizar os seus eventos para o 2020 ou para o 2021 poidan atopar en Celebra aos proveedores necesarios para a súa voda, bautizo ou comuñón: dende onde organizar o banquete aos agasallos, pasando pola fotografía, animación, coctelería, prensa especializada e todo o que se precise.

Como xa é tradicional, Celebra ofrece un amplo programa de actividades paralelas, entre outras os desfiles que se de moda nupcial, festa e infantil. A animación tamén é un dos sinais de identidade do salón. Dani Riós, «O Casamenteiro», exerce de guía das parellas e están programadas actuacións de Sabela e Velusa (de Cantareiros).