«Estamos esperando que nos den funcións»

La Voz

OURENSE

23 feb 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Manuel Lorenzo é, dende fixo xa 16 anos en decembro, o xerente da Fundación comarcal de Valdeorras, e tamén o representante dos sete xerentes da provincia ante a Xunta. Agora, coma os seus compañeiros, está á espera de destino.

-Estamos pendente de que se nos integre, pero non sabemos cando. Estamos á espera de que desde Medio Rural resolvan que van facer con nós.

-Porque todos van seguir traballando, e co mesmo salario. ¿Onde está entón a medida de aforro?

-Todos somos persoal laboral fixo, non nos poden despedir; porque entramos tras unhas probas de selección, e despois no ano 1998 pasamos un concurso-oposición. ¿O aforro? A cantidade habería que preguntarlla á Xunta, pero tamén é certo que estas prazas extínguense; e nós vamos ir cubrir vacantes que xa están creadas. Vamos cubrir vacantes que haxa na Xunta, porque aínda que somos persoal adscrito a Medio Rural, podemos ir a calquera departamento no que haxa unha vacante do noso grupo. E dentro diso, poden enviarnos a onde sexa.

-Entra entón a posibilidade de que os trasladen.

-Poden enviarnos a calquera punto de Galicia. Así que igual temos que cambiar de vida. É unha posibilidade real.

-Creouse certo alboroto cando se falou de suprimir as fundacións, ¿como están agora as cousas?

-Tranquilos, esperando a que nos asignen novos destinos, e que nos den novas funcións. Queremos que se resolva xa o proceso. Xa fai máis dun ano que se falou da extinción das fundacións e aínda estamos esperando saber do noso futuro. Ademais, a xente ten unha vida que resolver, porque se o traslado é, por exemplo, a Santiago, hai que buscar casa, buscar colexio para os nenos, tamén hai xente con hipotecas que tería que mirar que facer... A xente ten unha vida que resolver e esta situación non se resolve facilmente. Porque hai anos, cando nós conseguimos a praza, era para un lugar en concreto; pero agora mesmo poden enviarnos a onde sexa.