Catro traxedias e unha comedia, todas en verso, dan vida a última obra de Millán Picouto
21 abr 2009 . Actualizado a las 02:00 h.Presenta en Ourense maña a última entrega da súa obra dramatúrxica, Ciclo de Xúpiter. Un volume que completa as anteriores entregas; Ciclo de Venus, Ciclo de Mercurio, Ciclo de Terra e Ciclo de Marte, e que confesa que esconde un profundo estudo previo ao que se engadiu o talento creativo do autor.
-O Ciclo e Xúpiter é o ultimo libro publicado nesta edición das Obras dramáticas completas e presentase por primeira vez, sendo Ourense o lugar escollido.
-¿Cal é a trama de «O ciclo de Xúpiter»?
-É un conxunto de traxedias e comedias que versan case todas elas na actividade clásica e que se titulan Péricles e Aspasia, Vercinxetórix, Principe das Galias, Xulio Cesar e Zenobia, raiña de Palmnira, traxedias todas elas as que se engade a comedia tamén dramática Lánser e Ingrid, que a diferenza do resto que se desenvolve na actividade clásica, ten lugar en Islandia durante a época viquinga.
-¿Cal é o formato narrativo?
-Son todas as obras de teatro en verso repartidas en cinco actos e cun gran desenvolvemento escénico e numerosos personaxes.
-¿Son factibles de representar todas?
-Son factibles de representar e escríbense para representar, ben é certo que necesítase un esforzo de representación xa que é un teatro moi representable pero que require unha boa recitación, ademias dun coro en todas elas tal e como era común no teatro clásico grego, onde cada remata cun canto e unha danza formado con música coral e instrumental.
-¿Cal é a fonte de inspiración destas obras?
-En todas estas pezas están os escritores clásicos. Por exemplo, el historiador grego Tucídides é unha referencia constante da que me valgo, sobre todo da súa historia da guerra de Peloponeso, da que deixou unha narración do conflito que mantiveron Atenas e Esparta e que se presta a realizar unha traxedia.
-¿E o resto das obras?
-Unha delas deriva dos comentarios das guerras das galias de Julio Cesar, que aparece de personaxe como autor das fontes nas que eu me vaso para realizar esta obra. De todas as formas, inda que as fontes están presentes, unha cousa é a fonte e outro o desenvolvemento dramático que as veces non segue as fontes.
-¿Foi moi grande o traballo de documentación?
-Naturalmente. Eu uso todo o que está na fonte pero logo hai que completala. É dicir, eu teño que imaxinar como era a xente, o escenario e hai que dotalo dunha alma, algo que é unha función da poesía que fai o autor dramático na súa intimidade.