O empresario ourensán Francisco Nóvoa tamén participou no encontro en torno a situación do galego na sociedade ourensá. Nóvoa relatou ante os presentes o traballo que desenrola para potenciar o uso do galego. Nóvoa entende que é una obriga o coñecemento do galego. Asegura que non se trata simplemente de falalo senón de contribuír a o seu coñecemento para acadar unha maior normalización que impulse o seu uso. A empresa que dirixe Academia Postal apostou nos últimos anos na posta en valor do idioma. Dende hai cinco anos traballan no compromiso co galego coa edición nesta lingua de libros destinados a Bacharelato ou ciclos de FP, entre outros. En total foron 142 os textos oficiais en galego que viron a luz grazas a súa proposta. Un paso adiante foi, segundo comenta, a edición da revista Casa Nova escrita integramente en galego (converténdose na primeira destas características de toda Galicia). Ao logo dos anos Francisco Nóvoa recibiu varios premios pola súa defensa do idioma e na actualidade na Academia Postal traballan dous grupos adicados a normalización lingüística e a dinamización do seu uso a través de distintas clases e xornadas de traballo. Nóvoa asegura que: «É difícil transmitir a conveniencia de usalo». As novas tecnoloxías tamén son un bo sistema por iso a súa páxina web ofrece a oportunidade do galego.