O escenario invitou a reflexionar sobre os xerarcas da Igrexa

Jesús Manuel García OURENSE

OURENSE

K. Producciones, de Madrid, sorprendeu ó espectador con «Yo, Satán» Unha posible corrupción vaticana tratada en clave de humor é o centro da obra

22 jul 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Moito da para novelar o reducido espazo xeográfico da Cidade do Vaticano, que non é o mesmo que a Santa Sede. Un deses traballos é o texto Nata soy , de Antonio Álamo, no que se basea a obra que vimos onte, Yo, Satán , de Álvaro Lavín, que presenta K. Producciones. Este traballo é unha reflexión que se propón ó espectador sobre o funcionamento da Igrexa, unha crítica ás máis altas xerarquías da mesma. Así aparece un papa que provoca alarma na Curia vaticana e un grupo de cardenais, arzebispos e bispos que van amosando as súas miserias humanas. A obra é unha comedia que se mete dun xeito mordaz con esa cúpula de xerarcas da institución mais como di seu director non é un ataque ás relixións nin a Deus. A diana son homes. Por suposto que non é difícil recoñecer a certas personalidades da Igrexa nesta obra. Álvaro Lavín advirte que xa que posto que a xerarquía da Igrexa opina sobre un amplo abano de cuestións sociais e políticas, esta compañía madrileña dedicáse a falar sobor deses homes de sotana e solideo que se moven polas impresionantes salas doVaticano. Lavín comenta que moitos crentes fron ver este traballo e lle din que o que contan é o máis parecido á verdade, sempre, no referente ós actos deses homes ós que se amosa rodeados de luxos, riquezas e privilexios. Lavín quere que o espectador pense, reflexione acerca de si a Igrexa se preocupa dos problemas da sociedade ou si xestiona ben ou mal os cartos que recibe dos feligreses, entre outros asuntos. O actor Adolfo Fernández dixo que o que se denuncia é «la parafernalia bajo la que se cuece la gran multinacional que es el Vaticano». O personaxe cordo é o papa, que se decata de que hai que practicar a pobreza de Xesús e prescindir do boato, o que causa oposición na Curia. Un traballo ficticio que entretén a moitos espectadores que entenden e comprenden o teatro como revulsivo social. Houbo cheo. Algún productor sinala que só por eso paga a pena estar en Ribadavia. La Invenció conseguiu, por certo, contrato de tres meses de actuación en Madrid.