Os toros nas festas do Corpus

MANUEL REGO NIETO

OURENSE

BALCÓN DE MOREIRAS | O |

03 jun 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

FÓISENOS a última grande da copla. Unha señora a que algúns medios de comunicación asaltaron a intimidade da familia cando ela ía ao encontro con Deus. E chegan as festas de Ourense outra vez sen touros. Por culpa de unhos -catro e o gaiteiro- que imponen a súa lei de «amigos de los animales y enemigos de los hombres», á grande mayoría. A máis grande burrada que escoitei fai poucos anos, era que a xente dos touros é inculta. Ou sexa que Valle-Inclán, Ortega e Gasset, García Lorca, Cela..., que derramaron ríos de tinta -que non de ordenador- loubando a festa dos touros, son incultos. Dixera o noso paisano don Ramón María del Valle-Inclán: «Capotes, garapullos, muletas y estoques no son instrumentos de más baja jerarquía estética que plumas, pinceles y buriles; antes los aventajan, porque el género de belleza que crean es sublime por momentáneo». Non haberá touros nas festas. Señor concejal, vostede é o responsable. E váisenos ao ceo Rocío Jurado, a única: «Porque el tiempo tiene grietas, porque grietas tiene el alma, porque nada es para siempre...».