CALPURNIA | O |
03 feb 2006 . Actualizado a las 06:00 h.AS BOAS intencións políticas fican niso, en intencións, se non hai actuacións administrativas que lle dean forma. Ben o sabe Manuel Cabezas. Polo que, nada ten de valor o xa famoso acordo plenario de 12 de marzo de 1999 respecto ó cemiterio de San Francisco, cando, acto seguido, asina ordes de desahucio das tumbas. Polo que aos afectados non lles queda outra alternativa que recorrer perante dos tribunais a decisión administrativa asinada polo alcalde. É polo tanto o alcalde, quen obriga a xudicializar as reivindicacións do colectivo de Amigos del Cementerio. Administrativamente non ten valor a súa palabra, aínda que a cumpla. «Mentres eu sexa alcalde», afirma. ¿E cando non sexa alcalde? No pleno de onte -no que volveu a mentir- tivo a oportunidade de solucionar o conflito. Mais non cunhas enmendas inaceptabeis á moción presentada polo BNG no nome de Amigos del Cementerio. Dixo que só enmendaba o punto cuarto, mais os outros tamén. Por iso, é un pensar, non aceptou a media hora que se lle solicitou para consultar coa directiva e a letrada da asociación os contidos da súa enmenda.