Crónica | Campaña do BNG polo 25 de Xullo A primeira cita oficial de Tereixa Paz logo de acceder á Mesa do Parlamento de Galicia foi un acto, xunto a Iago Tabarés, a prol dun «Estatuto de Nación pra Galiza» en Ourense
19 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.? nova e flamante vicepresidenta primeira do Parlamento de Galicia, Tereixa Paz, vaise afacendo ó seu novo cargo como pode, co afán de superación que a caracteriza e coa dúbida e a curiosidade por bandeira. Onte mesmo celebraban a súa primeira xuntanza os membros da mesa da Cámara recén elexida para ver de artellar a coordenación do traballo deste organismo. E pola tarde, Tereixa Paz voltaba a Ourense para participar na cidade no seu primeiro acto oficial logo de tomar posesión e ser elexida para a vicepresidencia primeira do Parlamento de Galicia: un encontro do BNG dentro da campaña que se está a levar a cabo para reivindicar un novo estatuto para Galicia. Unha campaña, que se desenvolve co lema Estatuto de nación para Galiza e que xa foi avanzada por Anxo Quintana no acto desenvolvido o pasado sábado en Baños de Molgas. A reivindicación ineludible do pago da débeda histórica de Galicia e a necesidade de dotarse dun novo estatuto que garante maiores cuotas de autonomía e autogoberno «unha reforma non só ideolóxica, senón que nos permita resolver mellor e á nosa maneira os nosos asuntos, además de procurar unha nova lei de financiación» foron algúns dos aspectos nos que incidiu a nova vicepresidenta primeira do Parlamento de Galicia, Tereixa Paz.