DIARIO DE AURIA | O |

08 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

VOSTEDE, coma min, sente náuseas. E quere chorar cando ve imaxes no televisor, fotos nos periódicos e terrorismo nos titulares. Non entendo este mundo. Os de Ourense que temos amigos en Londres, traballadores e esperanzados, non entendemos tanta senrazón. Mentres a poucos quilómetros os países ricos falaban da pobreza, os pobres colocaban bombas en Londres. Esta guerra empezouse hai tempo. Lemos habitualmente que morren centos de persoas en Irak, e non nos conmovemos. Porque amamos o que temos máis próximo. Porque a proximidade e o amor parecen ser sintagmas comúns. Pero esta guerra empezou hai tempo. E seguirá. Continuará mentres o sentido común non impere nos que gobernan o mundo. O sentido común, por exemplo, que non habita no PP: en lo de Madrid olímpico la culpa es del Pesoe, porque España ya no es amiga de EE UU. Os Acebes debían desaparecer do escenario político. A Dereita precisa unha renovación profunda. En Madrid, en Santiago e, de paso, en Ourense. Por decencia, simplemente. Pero tamén porque hai moitos votantes do Pepé que xa non toleran aos Acebes e, de paso, aos que fan do insulto un patrimonio exclusivamente ourensán. Pena penita pena.