BALCÓN DE MOREIRAS | O |
21 jun 2005 . Actualizado a las 07:00 h.A pasada semana o meu barbeiro preguntoume como ollaba as eleccións. Remitinno ás sondaxes e respostou axiña: «Mais a xente minte, señor Rego». Logo pasou o que pasou, que o PP menos en Ourense -coma sempre- resistiu ás sondaxes e ao efecto Zapatero. ¿Cándo voltará este home por Ourense? ¡A saber...! Sempre pasa o mesmo para que os seus fans -soio algúns- se desenganen... Logo está Anxo Quintana e Iago Tabarés. O presidente de ollos azuis cantado poéticamente como o home que necesita Galicia, ¡que xa é dicir!, e como líder que vale para a política e non Xosé Manuel Beiras. O Quintana xa se viu o que deu de sí: a perda de catro escanos. O bloque segue a baixar. Claro que o escollido por as bases da renovación de Bloque, aquí en Ourense, Iago Tabarés, ni chicha ni limoná . José Blanco, -Pepiño para nós- baixáronselle os fumes, logo de declaracións triunfalistas en Galicia e en Madrid. Queda Fraga, á espera dunha xubilación que non coidou... ¿Ou si?