COMO LO VEO | O |
17 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.XA VAI para dous anos que me incorporei a Academia Galega de Gastronomía. Era obrigado escoller un persoeiro o que adicarlle a cadeira e ensalzar a sua memoria. Non dubidei. Carlos Casares era o meu home. Preparei unha pequena intevención, que decia: «Quero comenzar esta lembranza falando da fame. Desa fame que hoxe, nestes tempos de gastronomía máis que de comida, parece un recurso estético, representado pola imaxe de Charlot comendo un zapato. Cando me propoño asignar o nome de Carlos Casares á cadeira que me concededes neste templo do bo cantar ao que hoxe me incorporo con humildade agradecida, resulta que me lembro da fame. Desa fame -daquela fame, máis ben- que marcou á xeración de 1941, o ano no que chegamos a esta inmensa e extraña cociña que é o mundo, Carlos e mais eu. E agora decátome que, cecais foi por culpa de esa fame que a Carlos e a min costounos tanto achegarnos a gastronomía máis requintada, a pesares de ser os dous, e por distintos camiños,admiradoresde Epicúreo». (Continuará). antabares@hotmail.com