Os incendios forestais

ANTÓN SÁNCHEZ RIVERO

OURENSE

TEMAS DO PAÍS | O |

24 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

XA ESTÁN aquí os compañeiros inseparables dos veráns galegos: os incendios forestais. Xa están aquí tamén o PP que nos governa, anunciando grandes medidas para sofocar os incendios. Din que trouxeron helicópteros de Polonia _atá tiveron que contratar cociñeiras polacas, pois aos pilotos non lles senta ben a cociña galega_, e centos de traballadores contratados e maquinaria. E miles de millóns das antigas pesetas para financiar este aparato publicitario. E, claro, a campaña do PP para dicirnos os grandes esforzos que cada ano fan para loitar contra o lume nos montes. Pois a pesar de isto os montes galegos seguen a arder, logo, é evidente que as medidas adoptadas non valen. Disculpando a pedantería, teño unha solución, que habería que experimentar ante a inutilidade das aplicadas deica o momento: Que as brigadas non sexan só de verán, senón todo o ano e para ter limpo o monte. Proporcionar a vida no medio rural con repoboación forestal de especies nobres, rebaños de cabras, ovellas, cabalos... que constitúen o mellor sistema de limpeza dos montes desde hai centos de anos.