Entrevista | Milagros Puga RESPONSABLE DO CENTRO COMARCAL TERRA DE CELANOVA
30 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.O Centro Terra de Celanova, despois de tres anos de rodamento, é hoxe un elemento dinamizador da vida da comarca. Segue ós oito anos que lle leva xa a Fundación Comarcal do mesmo nome e ó frente destas dúas entidades atópase Milagros Puga, tan chea de ilusión como a primeira vez. -¿Que teñen para este outono? -Estamos organizando para o 4 de outubro unha mostra dunha artista de Vilanova, Mané Boán, profesora do instituto. Terémola na Torre medieval. E en colaboración co Concello de Celanova faremos unha mostra de artesanía típica do Ulla, tamén todo este mes no vello cárcere. Dende agora recuperaremos as invitacións a todo tipo de asociacións para que veñan a coñecernos. -¿Como andan de visitas turísticas? -O verán foi moi ben, non notamos recesión. Non baixamos en visitas e en xullo e agosto tivemos máis de seis mil visitantes. Esto para nós é un reto. Tamén é certo que somos o único centro comarcal de Galicia que abre as fins de semana e esto nótase. -Estamos nunha zona de emigrantes retornados. ¿Que fan vostedes con eles? -Hai moitos que voltan de Venezuela e Arxentina sobre todo e veñen a lembrar o sitio onde naceron. Estamos a abrir unha liña de apoyo para estes emigrantes, para asesoralos. Son xente que se atopan co noso país que é o seu pero que non coñecen e que necesitan moito apoio. -Pero seica hai moitos xóvenes. - É importante que eses xóvenes que retornan se queden nesta comarca. -¿Como anda de saúde a Terra de Celanova? -Nótase, gracias ós programas de axuda, inquedanza na xente xoven para quedarse e seguir vivindo aquí. Cada ano crece o trámite de subvencións de autónomos para esta xente menor de trinta anos. Para eles temos charlas, axudas, seminarios. Están nacendo pequenos empresarios aquí e son poboación que se afianza.