Vacacións no Mediterráneo

Jesús Manuel García OURENSE

OURENSE

Os maiores ourensáns fixeron cola nas axencias para reservar as viaxes do Imserso Palma de Mallorca, Lloret de Mar e Benidorm a precios dende 144 a 253 euros

27 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Viaxar, onde faga falla mentras os cartos aguanten. Esto pensan moitos maiores da nosa provincia que ven nas ofertas vacacionais do Imserso unha oportunidade para cambiar de aires. Había que ver onte, comezo da campaña de solicitude de plazas, as colas nas axencias de viaxes da capital. A xente quere viaxe. A media de visitas só na mañá do sábado foi de catrocentas persoas. A meirande parte delas pediron vacacións para quince días. O día 30 acabará esta primeira fase, logo virá unha nova do 1 ó 3 de outubro e a última, na que xa non haberá tantas prazas, dende o 4 do mes que ven. Custes O Mediterráneo é o destino e pódese chamar Benidorm, Palma de Mallorca ou LLoret de Mar. Pero tamén se pode ir a La Manga, Cala Finestrat, Torremolinos e Matalascañas. Case todas as peticións son para febreiro do ano 2004. A verdade é que o custo da viaxe non é escandaloso porque vai dende os 144,50 euros de oito días nas Baleares ós 253,30 euros no mesmo sitio por dúas semanas. Se se trata da Península, págase 123,85 euros por oito días e 234,50 por dúas semanas. Viuvas hai un feixe delas. E matrimonios. A primeira hora da mañá Purificación Fuentes elexiu a terna Palma, Benidorm e Lloret de Mar: «Aún no sé adónde iré, tengo que volver el lunes. Es la primera vez que viajo con el Imserso y toda la gente me anima mucho a salir. Yo soy muy poco viajera. Mis vacaciones suelen ser durante el mes de agosto en la playa y nada más. Este año voy a probar de esta otra forma». Olga Escudero prefire Mallorca «y eso que ya lo conozco. Con mi marido estuve allí. Ahora estoy viuda y quiero volver. Viajo con una amiga por primera vez con el Imserso. A mí esta posibilidad de viajar me parece muy estupenda», dicía esta muller..