O autor escolleu esta localidade do concello de Coles porque é a terra natal da súa nai O retábulo donado representa a varios santos, coma san Benito, e esceas bíblicas
13 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.? escultor Arturo Baltar donou un tríptico para a igrexa da localidade de A Barra, pertencente ó concello de Coles e terra natal da súa nai. O material empregado para facelo tríptico foi o barro e nel represéntanse os iconos de varios santos coma san Benito, san Salvador ou santa Cecilia ademais de varias esceas bíblicas como a Anunciación ou o nacemento de Cristo. O tempo que lle levou ó escultor en realizala obra foi case un ano, ou o que tardou, comenta o autor, en beber duascentas botellas. O retábulo inscríbese dentro do movemento artístico románico, propio da época medieval, e a escenografía está policromada en cores douradas. Aínda que o retábulo é relixioso, o repertorio deste autor autodidacta abrangue varias temáticas inspiradas nos temas cotiás e no seu pensamento. A obra leva pendeirada na entrada da igrexa catro días e segundo comentou o cura do lugar a acollida dos veciños foi moi boa. Para o pobo O autor ademais deste retábulo ten obras expostas en varios museos de Galicia, como é o caso da exposición permanente no Claustro de San Francisco (hoxe en obras) que xa estivera en Salamanca, León ou Sevilla e que se inaugurara en Santo Domingo de Bonaval co presidente da Xunta. En Ourense, quizais a súa obra máis coñecida sexa o belén da igrexa da praza de San Cosme con centos de figuras que aumentan cada ano gracias ás doazóns que fai Baltar.