Reivindicación

MIGUEL A. FERNÁNDEZ

OURENSE

O MIRADOIRO | O |

05 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

O CINECLUBISMO vive malia as circunstancias adversas polas que atravesa. Por falta de equipos, por falta de estímulos e quizais por falta dunha renovación profunda. Naceron para tomarse en serio o cine, despois foron alternativa ós circuítos comerciais, máis tarde foros desde os que reivindicar, por exemplo, os cines nacionais. Hoxe entre os seus obxectivos están os contidos nas Redes Cines do Sur, que o ano pasado se promoveron no Carballiño e despois se ratificaron en Reggio Calabria (Italia). Trátase de alternativas á distribución convencional. Creadores de numerosos países dispoñen da posibilidade de que a súa obra sexa coñecida. Con máis medios e con apoio institucional, iniciativas como esta xustifican a pervivencia do cineclubismo. Produccións de Libia, Portugal e Italia poderán verse estes días. Pouco importa que carezan dun seguimento masivo porque o importante é o que teñen de reivindicación para o audiovisual á marxe das grandes productoras. As Xociviga posibilitarán que varias creacións videográficas galegas se incorporen ó programa. É moito.