K-Producciones amosou en Ribadavia a súa montaxe sobre o escritor e cineasta Luís Tosar e os The Magical Brothers trouxeron a súa «singular» maxia
24 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.? Mostra Internacional de Ribadavia 2003 afronta a súa recta final cargada de actividades e propostas: títeres, teatro de rúa, maxia e homenaxes para as dúas xornadas, a de hoxe e a de mañán, que restan de certame. Para hoxe están previstas funcións de títeres -a cargo da compañía Trompicallo-, de rúa -con Al Suroeste, que xa representou esta madrugada- e maxia, con Donald Lehn (os horarios e os lugares das representacións poden verse na páxina 7). Unha das montaxes que se pudo ver en Ribadavia foi Vida y muerte de Pier Paolo Pasolini, unha proposta escénica dirixida por Roberto Cerda, sobre texto de Michel Azama, que tuvo ó actor Adolfo Fernández como protagonista. Unha aproximación á vida e á tráxica morte dun excepcional cineasta e artista que tivo que loitar durante toda a súa vida coa marxinación: no Partido Comunista, como cineasta e como escritor polas súas ideas e pola súa condición de homosexual. Tamén acolleu a Mostra, na madrugada do xoves, a actuación dos The Magical Brothers de Luís Tosar. Un espectáculo, o protagonizado por César Martínez Goldi, Piti Sanz e Tosar, que converteu a praza de San Xoán nun auténtico plató no que os trucos máis inverosímiles e alucinantes -como os seus propios autores- se convertiron en protagonistas. Uns particulares e sicodélicos magos que contaron coa entrega e a participación dos veciños da vila de Ribadavia. Na MIT 03 repetiron os compoñentes do grupo Producciones Imperdibles, que volveron sorprender cunha proposta singular -por parte dos protagonistas e dos espectadores-. (Ver crítica na páxina 45).