O alcalde Cabezas

| XOSÉ CARLOS CANEIRO |

OURENSE

BOLEROS A LA LUZ DE LA URNA

17 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

LÉVAOévao con tranquilidade o alcalde Cabezas. Que seguirá sendo alcalde despois do vintecinco de maio. El ao seu ritmo, sen moitos atascos de público, sen demasiada presencia, con disimulo pero constante. Cabezas aparenta ser un tipo afable, amable, cordial. Transparenta xestos de político de altura, con futuro afastado de Ourense, entregado ao afán de Madrid, un ministerio, unha secretaria destas de moita viaxe e escasa preocupación. Creo que Cabezas precisa espacio, que Ourense xa empeza a afogalo, que a dialéctica provinciana non casa cos seus modos de caballero elegante y de rebotica, de los que comentan la realidad en círculos cerrados, los que deciden antes de que todo se decida, que esos son los que mandan, y él, que es listo, lo sabe. Su candidatura es normalita, que no brilla, vamos. Una cosa de andar por casa, que aquí, al que vota el vecino, es a Cabezas. Incluso o veciño de aire progresista e rojillo. Porque Cabezas pintou de colorines a cidade. Colocoulle papel celofán, limpísimo, envolveuna con aire de polis posmoderna, de ambiente urbano, de encanto antigo e decimonónico, sen demasiado metal, que o metal encoleriza as cidades fermosas (como hizo el Manzano ese en Madrid, colega de partido, que si lo dejan unos años más se la trinca). Non é gratuito afirmar que Manuel Cabezas foi o mellor alcalde que tivo a Dereita na súa historia auriense. Fraga sábeo. Aznar, al que le importa un pito Ourense, también. O lóxico sería agardar un futuro grato para Cabezas. No sé. En la política, como en el corazón, sigue mandando el precepto de Neruda: es tan corto el amor¿ y es tan largo el olvido.