O consenso necesario

CONCEPCIÓN CAMIÑA GARRIDO

OURENSE

30 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Neste primeiro de maio de 2002, quero ante todo manifestar dende a UGT de Ourense a nosa grande satisfacción porque se acadou o consenso necesario para facer unha manifestación unitaria das tres centrais sindicais. Un ano máis, o primeiro de maio simboliza a loita continua dos traballadores e tamén, lamentablemente, un ano máis faise precisa a reivindicación nun mundo marcado pola desigualdade e pola inxusticia. A precariedade laboral segue a ser unha terrible lacra para os traballadores galegos, así como a temporalidade dos contratos e a siniestralidade no traballo. Dereitos e liberdades vnese recortados, e a nosa terra ten que paga-las facturas dos desastres ecolóxicos, das guerras noutros países e do esquecemento da Unión Europea. Este primeiro de maio reclamamos medidas urxentes que garantan a estabilidade no emprego, a saúde no traballo, a seguridade, a liberdade e a xusticia nos salarios.