FINA ULLOA EL CRONÓMETRO Xosé Poldras, autor do cartel anunciador da Festa da Androlla de Viana
25 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.Xosé Manuel Rodríguez Alonso, ou Xosé Poldras, é o autor do cartel que servirá para anuncia-la XXXII edición da Festa da Androlla que se celebrará en Viana coincidindo coas festas do Antroido. Este licenciado en Belas Artes con orixes na Gudiña, residente en Ourense e mestre en Ribadavia, recoñece que Viana é a súa segunda casa, xa que alí pasou prácticamente a maior parte da súa nenez ata que marchou á universidade. -¿Por eso se animou a facer o cartel da festa? -Pode ser que ó estar vencellado e coñecelo lugar influira no meu ánimo. Pero en realidade foi o concello quen me convidou, xunto con outras persoas, a participar no concurso para elaboralo. É a primeira vez que participo neste concurso, ainda que xa tiña acudido a expoñela miña obra noutras ocasións. -¿Como definiría o seu traballo artístico? -Nos últimos anos fago máis que nada gravados, e estou centrado agora neso, pero tamén procuro pintar. Non me atrevo a encadrarme en ningunha tendencia, ainda que si podo decir que traballo coa figuración e que procuro representar elementos reais. Dentro de esto, traballo moito coa figura humana, ainda que tamén cos animais. -¿Por iso incluiu ó boteiro no cartel? -O certo é que pensando no Antroido de Viana, aparte da importancia do gastronómico, o boteiro veume deseguido á cabeza, porque é un elemento importante e identificativo. Ademáis deso, sempre foi un persoaxe que me atraeu e me chocou moito. O boteiro aporta moita cor a unha festa que é ante todo eso, cor. Cando me plantexei o cartel quixen destacar por riba de todo ese impacto visual que supón a festa do Antroido.