Antonio Álvarez, presidente da Mancomunidade Ribeira Sacra
17 sep 2001 . Actualizado a las 07:00 h.El é o primeiro presidente desta mancomunidad nacida no 1994. Unha mancomunidade especial porque xurdiu da necesidade de potencia-lo turismo Antonio Álvarez, que ostenta a alcaldía de Montederramo, suliña ese caracter especial do ente ó que sirve en nome de dez concellos con 21.000 habitantes e 15 millóns de presuposto. -¿Como vei sete anos ó frente da mancomunidade? -Se daquela nos din o que ía suceder hoxe non o creeríamos. Cumplíronse obxectivos. -¿Que van seguir facendo neste eido turístico? -Encauzar á xente nel asistindo e feiras. -¿So se adican ó turismo? -Hoxe temos plantexados outros servicios a pesares de que algúns dos nosos concellos teñen servicios con outras mancomunidades. Agora estamos coa Fundación Terra de Caldelas, hai xerente pero non hai sede. Está nacendo. -¿Que me dí dos servicios sociais? -Pois que o programa Horizont foi unha experiencia boa. Hoxe non hai barreiras arquitectónicas nos nosos mosteiros. E pedimos participar no plan Equal para atender ós colectivos marxinados. Esperamos resposta. -¿Cual é a maior dificultade desta mancomunidade? -Que a xente de aquí aínda non cré nesto. Esta é a gran tarea nosa. Temos unha despoboación tremenda e hai que fixar poboación. -¿Que pretenden demostrar co eido turístico? -Que non é a fonte de ingresos máis grande pero del tamén se pode vivir. Faltan aloxamentos nunha zona visitada todo o ano como esta. -Sendo concellos de dúas zonas diferenciadas ¿enténdense ben? -Sempre. Todos temos claro o que queremos.