El próximo jueves, con La Voz, una nueva edición de la Guía de Másters de Galicia
EMMA ARAÚJO EL CRONÓMETRO Rubén García, programador da Mostra de Teatro
22 jun 2001 . Actualizado a las 07:00 h.Rubén García leva dezasete anos asumindo a responsabilidade de elexir as obras para a Mostra Internacional de Teatro cos mesmos cartos que cando se estreou como programador da MIT ribadaviense. É por iso, e porque cada ano o certame ten máis peso dentro do mundo do teatro, polo que Rubén García pide máis forte que nunca cartos e apoio verdadeiro para que a Mostra, que xa é o referente dos festivais teatrais de Galicia, sexa cada ano mellor. -O feito de que a Mostra se organice nun sitio pequeno como Ribadavia, ¿pode ser un inconvinte? -Todo o contrario. Os festivais teatrais mellores son os que se fan en sitios pequenos. Ademáis hai que ter en conta que Ribadavia é un esceario teatral natural, as plazas, as rúas..., todo. -Nembargantes, semella que non despega... -Necesítanse máis que presuposto, apoio institucional, pero apoio verdadeiro para conseguir o que se fixo o primeiro ano, cando en Ribadavia quedaron todas as compañías durante o festival. Para iso hai que ter un presuposto que na Mostra cada ano é mais pequeno porque o caché das compañías sube, e os cartos que temos son os mismos. -E con estas limitacións, ¿como se presenta a MIT deste ano? -Predomina sobre todo o texto. Hai chicha, que é o que á xente lle gusta, sobre todo cando vivimos unha etapa na televisión e nos medios audiovisuais de cousas que non transmiten nada. Hai unha saturación de teleseries e culebróns na pantalla, pero nós teremos un Otelo, por exemplo. -¿E os nenos? -Hai unha aposta forte para eles. Terán que ser capaces de xogar a 324 xogos distintos durante dous días.