10 abr 2001 . Actualizado a las 07:00 h.
Carlos Casares recordou a fe de don Ramón e como tiña interese en entrar nun convento de clausura. Un bo día fixo-o en Santiago aproveitando que un amigo -García Sabell- ía curar a unha monxa de San Paio. Otero fíxose pasar por un profesor alemán e entrou á clausura. Despois, dixo Casares, pesoulle e quíxose confesar co cardeal Quiroga Palacios. Este, ó descubrir que o grave pecado de don Ramón fora entrar no convento, botouse a rir e acabaron bebendo unha copiña de viño doce. «Ese foi o máis grande pecado que cometeu por iso estará hoxe no Ceo», sinalou Casares segundo o cal Otero «deixounos cecais a visión máis fermosa que teña ningún país europeo dada por un nativo» aludindo á Guía de Galicia.