Asentado nas cercanías de Pumares, iste pobo observou as vicisitudes burocráticas polas que pasou a tramitación legal do tramo Nogueiras é un dos pobos valdeorreses que está despoboado. Non vive ninguén nas súas casas. Pertence ó Concello de Carballeda. Aínda que non está no Camiño Real foi un espectador de luxo do paso desta importante vía de comunicación dende San Xusto ata Sobradelo. Nogueiras está situado na marxe esquerda do río Sil mentras a Vereda Real discorría pola marxe dereita do río. Dende o seu mirador privilexiado vía pasar a diario as recuas de burros dos arrieros maragatos de Castela para o interior de Galicia ou as cuadrillas de segadores que dende as terras de Quiroga, Trives e Valdeorras ían ás segas ata Arévalo, Medina ou A Rioxa.
03 feb 2001 . Actualizado a las 06:00 h.Asentado nas cercanías do pobo de Pumares e nas proximidades da Pontóriga, a localidade de Nogueiras observou con moita atención -as veces- e algunha indiferencia -outras- tódalas vicisitudes burocráticas polas que pasou a tramitación legal do «Proxecto de reparación e modificación» deste tramo do Camiño Real o seu paso pola comarca valdeorresa (1755-1850) e que por desgracia nunca se chegou a levar a cabo. Ese intento de reparación e modificación -magníficamente estudiado polo investigador valdeorrés Isidro García Tato- iniciouse o 10 de xullo do ano 1755 cando José de Avilés de Itúrbide, á sazón «intendente General de Galicia», dirixe unha carta a Felipe Real Varaona, correxidor e gobernador da xurisdicción de Valdeorras. Nela facíase eco dos rumores sobre o mal estado desta vereda real «e para acalar voces discrepantes insta a Felipe Real Varaona para que le haga una relación de tal camino con individualidad de los pasos que tengan la mayor urgencia, y necesidad de pronta compostura y reparo». Como o tema non avanzaba e o camiño seguía en mal estado, nunha nova carta do 30 de xullo dese mesmo ano, do Intendente General de Galicia autoriza ó Procurador General Síndico, á sazón Pablo Santalla y Quiroga, para que tome cartas no asunto coa toma de declaración de catro testigos -Joaquín del Castillo; José Bernardo de Quirós, conde de Prado; Tomás Mancebo Enríquez de Caneda; e Manuel de Quindós, que emiten unha declaración. Nela poñen de manifesto que debido ás altas cumes que teñen que cruzar as veredas que ían por O Cebreiro o polo Padornelo, estando intransitables en época invernal, aconsellan a vereda de Valdeorras como a de acceso máis doado. Necesaria reparación Poñen tamén de manifesto o mal estado da mesma e a necesidade dunha reparación, pois no tramo que nos afecta, o que vai de San Xusto ata a Pontenova, o camiño é moi estreito o que non permite que se crucen duas ou máis caballerías e se non corren grave perigo de caer ó barranco. Din textualmente «en el camino que ay desde el lugar de San Justo principio desta xurisdicción hasta la Puente nueba se hallan algunos despeñaderos de grande altura, haze el Río Sil y el Camino tan angosto en partes que no pueden pasarse en partes con Caballerías o Carros son peligro de despeñarse». Ámbolos catro testigos concluiron a súa declaración afirmando que o camiño que cruzaba Valdeorras «una vez reparado y evitados los riesgos expuestos, sería de gran utilidad para el comercio y el bien común pues por aquí se podría pasar siempre independientemente de la época del año posibilitando la comunicación contínua entre las ciudades, villas y puertos de Galicia y las tierras de Castilla». Peritos Escoitadas e tramitadas as correspondentes declaracións procedeu ó nomeamento dos peritos Francisco Veiga, de Ribadavia; Antonio Rodríguez, de San Pedro Feliz de Lougares; e Manuel Murazas, de Santa Cruz de Lubozán «maestros de arquitectura en ambas facultades de cantería y madera». A obra ascendería a 131.690 reais, deles 5.000 referíanse o tramo de Nogueiras. Se decía: «y aunque desde el sitio dela partido antezedente hasta el fin de la viña de Canzelos donde se concluye San Justo y entra Sobradelo se nezesitan reparillos, por ser en de poca monta no se haze expresamente de cada uno».