Máis manadas

María Canosa
María Canosa PINGAS DE CRISTAL

OPINIÓN

XOAN CARLOS GIL

16 ene 2023 . Actualizado a las 08:45 h.

Que fotos tedes nos perfís dos vosos grupos de WhatsApp? O habitual é que dean unha idea do motivo polos que se crea, verdade? Se atopásedes como foto identificativa unha imaxe dos integrantes da manada de Pamplona saltaríanvos as alarmas? Deberan facelo.

Un grupo de mozos, estes de Castelldefels, campaban nun chat con total impunidade. A fotografía era unha declaración de intencións do que artellaban entre eles. Tiñan aos coñecidos violadores en grupo como referencia.

Están sendo investigados por presuntas violacións grupais a varias mozas. Só facendo unha lectura dos comentarios que se intercambiaban ponse a pel de galiña. Con toda naturalidade preguntaban desde cando unha tía é só para un, rían de ter desfeito a unha «chavala» ou valoraban o grao de alcoholismo das vítimas para tentar a posibilidade de dobregarlles a vontade e así facer tríos sexuais.

Chegan a sospeitar que os K-Team Manada (como era o nome do grupo) ían acabar como a manada de Pamplona, pero por culpa delas! Se algunha se poñía nerviosa e non dicía a verdade, podían acabar no cárcere. Porque eles, aseguran, non son violadores. Violar é raptar alguén pola rúa, atalo e sodomizalo, por exemplo. Facerlle algo ao que se negue... iso non. Ou sexa, anular a vontade dunha persoa, non.

«Igual ella dijo que no quería hacer de todo y lo hicimos, es diferente».

Non. Non é diferente. É unha violación. En grupo. E vós, uns depravados.

É incrible que incrementen os casos. O respecto ten que ser a base da sociedade.