Día Europeo da Protección de Datos
OPINIÓN

En materia de protección de datos -hoxe é o día europeo- é imprescindible que, como sociedade, tomemos conciencia da importancia de protexelos e xestionalos axeitadamente.
A lexislación europea nesta materia bríndanos ferramentas para facelo e, ademais, obriga ás empresas a seren transparentes e seguras. Os cidadáns temos isto cada vez máis claro, como reflicten as cifras da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) do ano 2020: máis de 10.000 reclamacións xestionadas e 172 sancións impostas que suman máis de 8 millóns de euros.
Pero, en moitas ocasións, seguimos a ser nós quen nos expoñemos innecesariamente a riscos como suplantación de identidade, fraude, perda de intimidade, acoso… como consecuencia da mala xeastión dos nosos datos persoais. Nalgúns casos, polo propio uso que lles dan as empresas, e outras veces por fallas na súa ciberseguridade, que poden facer caer estes datos nas mans de ciberdelincuentes.