Suscríbete 1 año y te regalamos 140 días gratis
Quiero la oferta

Ata cando coa máscara?

Marina Mayoral
marina mayoral PÁXINAS SOLTAS

OPINIÓN

26 abr 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Estou desexando deixar de falar da pandemia e falar, por exemplo, dun dos grandes acontecementos culturais do ano como é a exposición de Georgia O' Keefe, pero, de momento, sigo, porque estou sumida nun mar de dúbidas. Neste momento, un 10 % da poboación española recibiu dúas doses da vacina e, tras esa macrocompra da UE de 1.800 millóns de doses, das cales nos corresponden 180 millóns, o 70 % da poboación europea estará inmunizada en xullo. Xa veremos se as contas cadran, pero volvendo ao 10 % actual do que formo parte, xunto á maioría das miñas amigas e amigos, significa iso que podemos reunirnos sen estas molestas máscaras, e comer e abrazarnos, e o que se tercie? Pois vai ser que non, porque nas reunións colectivas, aínda que un estea protexido, pode contaxiar a outro que non sexa do 10 %, por exemplo, ao camareiro que serve, ou aos de outra mesa. E se se xuntan nunha casa os vacinados? Nese caso, hai que pensar que a máxima eficacia da vacina é do 95 %, ou sexa, que segue habendo risco, e a isto súmase o feito de que persoas que pasaron a enfermidade volveron a contaxiarse, por tanto, tamén poden contaxiarse os vacinados. 

E así imos estar ata non se sabe cando, porque dentro dun ano haberá que cambiar as vacinas, xa que o virus, igual que o da gripe, mutará. Ou sexa, que, algunha vez, haberá que valorar se o risco de quitarse a máscara paga a pena, tendo en conta que, unha vez vacinados, o covid será, segundo din, como unha gripe.