Encubrir a culpa


Seica anda circulando por aí un vídeo no que un piloto de Fórmula 1 se dedicaba a sobar os peitos dunha modelo. A gravación fíxose pública a través das súas redes sociais. Eu non a vin, nin gana que teño.

Armouse unha boa lea porque o contido non foi do agrado do equipo para o que ía debutar ao grande. Pero... oh! Non pasa nada. Os ánimos comezan a calmarse porque a protagonista do «sobe» alega que todo era unha parvada entre os dous, que se coñecen desde hai moito tempo e que son amigos. Tan só buscaban botar unhas risas.

Pois moito ollo. Porque o que convertería nunha parvada soberana sería o feito de ocultar unha agresión sexual. Non traería nada bo mentir para protexer a quen non o merece. Non se pode cambiar de lugar a vítima e culpable, é unha actitude moi perigosa.

Lembran cando nun famoso concurso de televisión, que nos venderon coma un experimento social, houbo unha parella polémica? Era a segunda edición. Un mozo e unha moza comezaron unha relación dentro da casa onde se pechaba ao grupo de concursantes. A actitude machista e violenta del levou á dirección do concurso a expulsalo. A moza defendeuno ata a saciedade. Mantiveron a relación fóra da pantalla e ata formaron unha familia. Agora, case vinte anos despois, acaba de ser condenado a case seis anos de cárcere por violencia machista. Malos tratos, lesións, ameazas, vexacións... á súa ex-muller, aos seus fillos menores e á nova parella dela.

A verdade non se pode ocultar eternamente. Mentir nestes casos é prexudicial.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
7 votos
Comentarios

Encubrir a culpa