«Bréxit»: volta ao francés


Verán do 2020. Da Diáspora volven galegos saudosos. Á beiramar, coas Cíes a pecharen horizonte, ármase rexouba na que participan funcionarios da Comisión Europea e científicos resistentes no Impaís. Falando de sistemas telemáticos de tradución, e do proxecto de «analizador sintáctico universal» a desenvolverse na Universidade da Coruña, sáltase a algo inevitable: entendérmonos como persoas, cos matices e as exquisiteces propios de cada idioma.

Os idiomas condicionan o pensamento. Daquela, que lingua falar á procura de intelección universal na Unión da Ciencia, a Tecnoloxía e a Política? Os funcionarios na xuntanza lembran como nos anos 80 o francés primaba nas conversas de escritorio e corredor das institucións europeas; e como corenta anos despois mandaba o inglés. Usan o verbo mandar en pretérito, pois as cousas están a mudar.

O código -nunca escrito- polo que as discusións alá se facían en inglés non vale máis. Agora quen fala francés mantense nel, mesmo na compaña de quen non percibe sutilezas do segundo idioma más falado na UE (despois do alemán e antes do italiano). ¿E logo? Simplemente por carraxe, por amolar desde Bruxelas os partidarios do bréxit. «Back to French» é a nova norma, co exemplo da dama alemá que preside a Comisión Europea, nacida e criada en Bruxelas, formada en Londres e Hannover.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Comentarios

«Bréxit»: volta ao francés