Mirar ao rural


As fendas estréitanse. Son un estado mental. Produto de décadas en fuxida na procura de progreso. ¿Progreso? Un espellismo. Esquecendo a propia orixe. Renegando dela. A Galicia urbana é rural. Transplantada. Todos temos unha aldea. Os novos, preguntade por ela. Buscade, porque está. Mundos que paga a pena redescubrir. Volver a eles. Non son lugares miserentos. Camiños de lama. Sen futuro. Mirade cara eles. Hai vida que reclama máis vida. Hai un porvir que espera. Mocidade que non quere marchar. Mestres que lles aprenden o mundo sabendo amar o seu propio. Como aqueles de antes. Iso é intelixencia. E arrasan en selectividade. Mirade ben. As vacas desa granxa son unidades de produción. Leite sofisticado. Agricultores e gandeiros 2.0. Cultivar a horta é un entretemento de luxo para urbanitas. Produción ecolóxica con alto valor engadido. A feira semanal quedou pequena. Vendas por Internet. Esa nave, un criadeiro de polos reconstruído. De deseño. Semella un embrión de Inditex. Ducias de persoas traballando no téxtil. Tecnoloxía. Unha startup pode nacer á sombra dun piñeiro. Co móbil e un portátil. E wifi. Non fai falta máis. Emigrar era saír a conectarse co mundo. E agora non hai futuro sen rede. O abismo dixital é unha condena aos infernos dun pasado remoto.

Un virus obrigou á cidade a mirar cara o rural. Un vello mundo. Agora novo. Imprescindible. Saudable. O que alimenta, o que distende. Calidade de vida. E grandes posibilidades de progreso se lle achegamos vitalidade e traballo. Respectuosamente. Igualando servizos. Vetando a depredación do territorio con macrourbanizacións e polígonos. Dous mundos que teñen que entenderse. Porque son o mesmo. En Galicia, a cidade ten alma rural. A aldea máis grande do mundo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos
Comentarios

Mirar ao rural