Por que cancelaron?

Marina Mayoral
Marina Mayoral PÁXINAS SOLTAS

OPINIÓN

David Zorrakino

17 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O presidente da patronal Foment do Treball dixo o xoves 13 de febreiro que a organizadora do Mobile tivera que suspender o evento debido ás numerosas cancelacións, e que eles, a patronal, entendíano porque se non hai clientes non hai feira. Pouco despois todas as partes implicadas no Mobile, tras reunirse, anunciaron que se suspendía por «forza maior», situación que, por certo, evitaría as indemnizacións millonarias. O Goberno, a través de portavoces e ministros, declara, na mesma liña que a OMS, que en España non existe alerta sanitaria e, por tanto, non ven razóns para suspender o evento, tendo en conta, ademais, que en Europa van celebrarse en breve feiras semellantes. Por que cancelaron as grandes compañías a súa asistencia ao Mobile? Eu pertenzo a unha xeración que padeceu a desconfianza e mesmo o desprezo de cantos vían a España como un país de «charanga y pandereta» e levo ese recordo marcado a lume. Non podo evitar pensar que as cancelacións se deben a esa desconfianza, agravada -temo eu- polas imaxes recentes de fogueiras e de cargas policiais nas rúas de Cataluña. Non é só o temor ao virus: é o temor a que non saibamos xestionar unha situación potencialmente perigosa. Se non hai problemas, estupendo: Barcelona, o Mediterráneo, a boa comida, o bo sol. Pero se hai algún problema…