92 luns

Cristina Pato
Cristina Pato A ARTE DA INQUEDANZA

OPINIÓN

Kiko Huesca | efe

18 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Levaban case un mes de peregrinación. Todos e todas marcharon cara a Madrid para facer que os escoitaran os políticos, os medios, as institucións, a sociedade, nós. Maiores e non tan maiores que se mobilizaron por todo o Estado para reivindicar, entre outras cousas, que as pensións públicas se revaloricen cada ano segundo o IPC, que as pensións mínimas sexan equiparadas ao salario mínimo interprofesional, que as pensións sexan un dereito fundamental na Constitución...

Pero tiveron mala sorte. A súa chegada a Madrid coincidiu na mesma semana en que se fixo pública a sentenza do procés, e aínda que os medios, máis ou menos, dedicaron algo do seu tempo a darlles voz, a verdade é que a nosa maioría fundamental (os pensionistas) segue sen ser escoitada polos políticos, polos medios, polas institucións, pola sociedade, por nós.

Segundo o informe Envellecemento en rede do CSIC, no 2018 o 24 % da poboación galega era maior de 65 anos. E o noso saldo demográfico é negativo. E que podemos facer nós, os pensionistas do futuro?