Fin da transición

OPINIÓN

03 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Siro

As eleccións de 1982, que permitiron gobernar con maioría absoluta ao PSOE, sinalan, en opinión de historiadores e comentaristas políticos, a fin da transición. Tres meses antes, Adolfo Suárez creara un novo partido, o Centro Democrático e Social (CDS), que só conseguiu dous escanos; pero nas de xuño de 1986, obtería case dous millóns de votos e 19 escanos. Suárez prognosticou que nas próximas o CDS gañaría ao PSOE. Non foi así: en 1989 perdeu cinco deputados e en 1991, logo da debacle nas autonómicas e municipais, deixou a presidencia do CDS e renunciou ao escano no Congreso. 

A sombra da transición devoraba aos protagonistas. Carrillo perdeu a secretaría do PCE polos malos resultados en 1982; tres anos despois sería expulsado e crearía o Partido de los Trabajadores de España-Unidad Comunista. Non interesou, e os dirixentes ingresaron no PSOE. El non o fixo.

O fracaso de AP nas autonómicas de 1986 en Euskadi apartou a Fraga da presidencia do partido, pero en Nadal de 1989 encabezou a lista do PP nas autonómicas galegas, obtivo maioría absoluta e presidiu a Xunta quince anos.

Felipe González deixou boa parte do prestixio na xestión de Goberno e o rei Xoán Carlos abdicou no 2014.